Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Ordes inicia a primeira fase de reforma da antiga escola unitaria


Estase a proceder co cambio da cuberta do inmoble. O proxecto tamén inclúe o cambio de carpintería exterior e o pintado e arranxo de fachadas

O Concello de Ordes está a cometer a primeira fase de reforma e obras de mellora da antiga escola unitaria, situada na rúa Galicia. Actualmente o inmoble dedícase a uso social e formativo, tanto para os veciños e veciñas de Ordes como para os do resto da comarca.
Unha primeira intervención que consiste no cambio da cuberta para evitar filtracións e humidades no interior, e no seu nivelado con respecto á edificación contigua. No proxecto xeral está incluído tamén o cambio de carpintería exterior así como labores de pintura e arranxos na fachada. Estímase que o tempo total necesario para ver finalizada as obras será de 6 meses.
O presuposto total de execución ascende a preto de 50.000 euros. Por parte da Deputación da Coruña outorgouse unha subvención de 5.000 euros para o seu pagamento.